Confía en mín VII

A calor era abafante aquela noite. Úrsula suaba insomne, mirando como Hadriana durmía o seu carón. Estaba queda, coa cara volta cara ela, encollida en posición fetal e cunha man entre os xeonllos. A outra sostiña o dedo polgar de Úrsula. O pelo xa non lle caia no rostro, esa mesma tarde fora a perruquería…

Anuncios

Confía en mín VI

Úrsula entrou na taberna aínda co uniforme da panadería posto. Era un pixama branco, un mandil e unha cofia a xogo que sacou antes de baixar da furgoneta porque lle daba calor. Nada demasiado rechamante. Pero a súa presenza alí as tres da tarde si que era estraña. Un par de veciños que bebían cervexa…

Confía en mín V

Xuño colleraa de imprevisto. O tempo pasara sen darlle tempo a suspirar. Unha calor abafante facía suar a Úrsula na súa vella furgoneta. Estaba desexando chegar a casa, pensando nas cervexas da neveira. Pensando en Hadri que a agardaría preparando algo para comer. Deulle as voltas e o pan a última vella na casa máis…

Confía en mín III

—Estás segura de que é ela? —É Hadriana, non hai dubida. Úrsula soubo en canto a viu. Tiña os mesmos beizos grosos, o ollar coma abraiado naqueles ollos verdes que tanto admirara sendo nena. O rostro envellecera, mais non aparentaba os trinta anos que debía ter. Seguía tendo a inxenuidade asomando na cara, coma cando…

Confía en mín I

— Confía en min — di Úrsula apurando aínda máis o paso. Hadriana quere crer, pero non quere cruzar o río. Nin sabe que hai o outro lado nin lle interesou nunca. Apenas ten dez anos e non sabe nadar, nin tan sequera lle gusta a auga. E nesa tarde de treboada de verán, o…

Confía en mín, relato en galego

Hoxe veño a presentarvos o meu próximo relato en galego. Poderedes lelo totalmente gratis neste blog e na plataforma Wattpad. Moi pronto estará dispoñible. Titúlase Confía en mín e trata da historia de dúas rapazas, Úrsula e Hadriana, que teñen un misterio en común. E un relatillo bastante sinxelo que vos irei mostrando por entregas…