Presentación no Curtas do libro Seres máxicos de Galicia e onde atopalos

Este pasado verán tiven o honor de participar no concurso de literatura do Festival de Cine e Banda Deseñada de Vilagarcía de Arousa. O meu conto, titulado Non metas os pés no río, resultou seleccionado para formar parte do volume colectivo xunto a outros nove relatos, as ilustracións do concurso e un glosario cos textos…

Confía en mín VII

A calor era abafante aquela noite. Úrsula suaba insomne, mirando como Hadriana durmía o seu carón. Estaba queda, coa cara volta cara ela, encollida en posición fetal e cunha man entre os xeonllos. A outra sostiña o dedo polgar de Úrsula. O pelo xa non lle caia no rostro, esa mesma tarde fora a perruquería…

Confía en mín VI

Úrsula entrou na taberna aínda co uniforme da panadería posto. Era un pixama branco, un mandil e unha cofia a xogo que sacou antes de baixar da furgoneta porque lle daba calor. Nada demasiado rechamante. Pero a súa presenza alí as tres da tarde si que era estraña. Un par de veciños que bebían cervexa…

Confía en mín V

Xuño colleraa de imprevisto. O tempo pasara sen darlle tempo a suspirar. Unha calor abafante facía suar a Úrsula na súa vella furgoneta. Estaba desexando chegar a casa, pensando nas cervexas da neveira. Pensando en Hadri que a agardaría preparando algo para comer. Deulle as voltas e o pan a última vella na casa máis…

Confía en mín IV

Úrsula quería consolar a Hadriana. Non sabía como facelo, pero a súa simple presenza, a de alguén familiar nese mundo agora estraño para ela, parecía ser suficiente. Tamén se daba conta de que lle debía contar todo o acontecido dende que desaparecera. Decidiu tomalo con calma. Hadri preguntara varias veces polos seus pais e os…

Confía en mín III

—Estás segura de que é ela? —É Hadriana, non hai dubida. Úrsula soubo en canto a viu. Tiña os mesmos beizos grosos, o ollar coma abraiado naqueles ollos verdes que tanto admirara sendo nena. O rostro envellecera, mais non aparentaba os trinta anos que debía ter. Seguía tendo a inxenuidade asomando na cara, coma cando…

Confía en mín II

A Úrsula non lle gustaba o seu traballo. Sabía que debía estar agradecida de ter un, as cousas non ían ben e había moito paro. Ademais traballaba no pobo mesmo, sen gastar en desprazarse. O soldo non estaba mal. A maioría das mulleres que coñecía traballaban cosendo, cortando fíos ou facendo palangre nas súas propias…

Confía en mín I

— Confía en min — di Úrsula apurando aínda máis o paso. Hadriana quere crer, pero non quere cruzar o río. Nin sabe que hai o outro lado nin lle interesou nunca. Apenas ten dez anos e non sabe nadar, nin tan sequera lle gusta a auga. E nesa tarde de treboada de verán, o…