Presentación no Curtas do libro Seres máxicos de Galicia e onde atopalos

Este pasado verán tiven o honor de participar no concurso de literatura do Festival de Cine e Banda Deseñada de Vilagarcía de Arousa. O meu conto, titulado Non metas os pés no río, resultou seleccionado para formar parte do volume colectivo xunto a outros nove relatos, as ilustracións do concurso e un glosario cos textos…

Confía en mín I

— Confía en min — di Úrsula apurando aínda máis o paso. Hadriana quere crer, pero non quere cruzar o río. Nin sabe que hai o outro lado nin lle interesou nunca. Apenas ten dez anos e non sabe nadar, nin tan sequera lle gusta a auga. E nesa tarde de treboada de verán, o…

Confía en mín, relato en galego

Hoxe veño a presentarvos o meu próximo relato en galego. Poderedes lelo totalmente gratis neste blog e na plataforma Wattpad. Moi pronto estará dispoñible. Titúlase Confía en mín e trata da historia de dúas rapazas, Úrsula e Hadriana, que teñen un misterio en común. E un relatillo bastante sinxelo que vos irei mostrando por entregas…