A calor era abafante aquela noite. Úrsula suaba insomne, mirando como Hadriana durmía o seu carón. Estaba queda, coa cara volta cara ela, encollida en posición fetal e cunha man entre os xeonllos. A outra sostiña o dedo polgar de Úrsula. O pelo xa non lle caia no rostro, esa mesma tarde fora a perruquería e fixera un corte moi curto que lle asentaba moi ben e contrastaba o negro do cabelo co verde dos ollos.

De súpeto comezou a retorcerse e xemer, como se estivese presa nun mal soño. Úrsula levantou a man, dubidando se espertala ou deixala estar. Finalmente fíxolle unha caricia suave na meixela. Hadriana abriu os ollos, aínda asustada, aínda co corazón golpeándolle forte no peito. Achegouse a Úrsula a pesar da calor, como facía sempre que algo a perturbaba, coma quen busca refuxio.

—Creo que chegou o día— dixo logo de repousar un pouco, cando a taquicardia e os tremores pasaron.

Úrsula sabía a que se refería sen llo preguntar. Tomou alento e dispúxose a contarlle como seu pai matara a toda a familia cun revolver e logo tentara suicidarse sen éxito. Como seus avós morreran de vellos e de pena e foran soterrados no camposanto da aldea. Como Raúl morrera na cárcere suiza anos despois. Evitou dar moitos detalles, que tampouco coñecía, e tratou de que aquela historia non a magoase máis do debido, a pesar de saber que o dano era inevitable.

Pero Hadriana quería saber, debía saber. E ela non podía ocultarllo máis tempo.

—E así foi como sucedeu. Todo comezou coa miña teima de cruzar o río, explorar e ver que había máis alá. Nunca debín levarte alí, síntoo moito.

—Non foi culpa túa. Só eramos unhas nenas…

—Segues sen recordar nada?

Hadriana negou, mirouna a comisura dos beizos e achegouse. Foi Úrsula quen a bicou. Ia gañando experiencia tamén nesas lides con abraiante rapidez. As súas mans eran hábiles e as súas caricias pausadas e doces. Pronto foi baixando polo abdome coa punta dos dedos. A súa compañeira recordou nese momento canto se sorprendera a primeira vez que tivera un orgasmo. Como unha nena que descobre algo novo e marabilloso xogando. E o rápido que aprendera a cociñar, a levar a casa, a desenvolverse sen axuda. Tal vez pronto decidira facer a súa vida ela soa, pensou entristecida.

Pero Hadriana seguía aínda alí e Úrsula acariciáballe o pelo. Gustáballe o novo aspecto e a suavidade do cabelo e non se cansaba de pasarlle os dedos pola caluga. Non sabía onde as levaría aquilo. Aquela aventura pintaba máis emocionante que explorar o río. Mais neses intres non pensaban, so sentían. E aquela corrente morna arrastrábaas sen que opuxesen resistencia, era coma quen nadaba a favor dela.

20190706_070232_0000.png

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .