Úrsula entrou na taberna aínda co uniforme da panadería posto. Era un pixama branco, un mandil e unha cofia a xogo que sacou antes de baixar da furgoneta porque lle daba calor. Nada demasiado rechamante. Pero a súa presenza alí as tres da tarde si que era estraña. Un par de veciños que bebían cervexa na barra viráronse para mirala . Úrsula saudou, eles non contestaron, senón que lle torceron a cara e volveron a súas cañas. So Arximiro dixo boas tardes.

Ricardo agardábaa na mesa que estaba máis lonxe da porta, vestido de paisano. Bebía café negro e tiña un chupito dun licor claro a rentes da taciña.

—Como van as cousas?—preguntou sinalando a cadeira fronte del.

—Ben, bastante ben— Úrsula sentou e fíxolle unha sinal a Arximiro. O taberneiro púxose a preparar un café que pronto lle serviu cun sorriso. Coñecíaa de toda a vida.

—Demasiado ben polo que oín— retrucou Ricardo— Pero se vos as dúas vos entendedes ou non é cousa vosa e non miña. Non son quen para xulgar que bastante teño na casa.

—Escoitei que te xubilas— dixo Úrsula, querendo levar a conversa a outro terreo.

—Si, se todo vai segundo o previsto este mesmo outono. Por iso quería deixar este caso resolto antes. Pero se che son sincero, non hai nada. Nada dende o triplo asasinato en Suiza e a morte de Raúl no cárcere.

—Que queres dicir?

Ricardo deu un sorbiño de licor e botou o resto no pocillo do café. Logo mirouna os ollos por primeira vez dende que sentara en fronte del.

—Non hai novelo do que tirar. É coma se todos estes anos ela non existise. O finado do seu pai gastou unha fortuna en avogados,investigadores e en apertarnos ben as caravillas. Pero todo foi tan inútil antes coma o é agora. Se me dis que se está adaptando ben e que sairá adiante quedo contento e deixareino estar.

Úrsula cavilou un intre, sen saber se preguntar.

—Parece que este caso fose algo persoal para ti…

—Mira, non quero falar de máis. Os vosos asuntos son vosos e os meus son meus — Deu un grolo longo e rematou o café. —Tan so che podo dicir que teño unha débeda pendente —Ergueuse para marchar e engadiu — e que algo ten que ver con este caso.

—Pago eu, Ricardo— Úrsula levantouse da cadeira e dirixiuse a barra.— Grazas por todo.

20190706_070232_0000.png

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .