— Confía en min — di Úrsula apurando aínda máis o paso.
Hadriana quere crer, pero non quere cruzar o río. Nin sabe que hai o outro lado nin lle interesou nunca. Apenas ten dez anos e non sabe nadar, nin tan sequera lle gusta a auga. E nesa tarde de treboada de verán, o río parece ameazante. Escolleron o primeiro lugar que viron para cruzalo, preto do camiño do monte, e non é o máis axeitado.
Úrsula cóllea da man e tira dela. As pedras están redondeadas, cun limo verde e mollado que a fai esvarar un par de veces. Pero Ur agárraa con forza e logran chegar a outra beira. O outro lado tan so hai salgueiros, carballos e algunha outra arbore que non logran identificar. Exactamente igual ao lugar que acaban deixar atrás, aínda que para Hadriana o regato fose una fronteira que nunca pensou cruzar. Mira atrás pensando que o mundo é igual en todas partes.
—Han de comezar a buscarnos pronto— di entón Hadriana.
—Por iso mesmo temos que apurar. Non quero que nos colla a noite.
As rapazas corren polo bosque de piñeiros da beira do río, buscando algo que so Ur coñece e que se empeña en ensinarlle a Hadriana. Aínda que esta se mostra reticente e pouco interesada.
Chegan a un lugar con grandes pedras dispostas de maneira irregular. Son alongadas e están desgastadas pola erosión. Non se diferencian das pedras doutros lugares. Hadriana pensa que ningún home ten a forza suficiente para mover un deses penedos. Entre eles hai una pequena abertura na terra. Ur aparta uns fentos e faille un aceno a súa amiga para que a siga. E métense nas profundidades da terra, descendendo por unas escaleiras escuras e húmidas.
Baixo da sola de goma dos seus tenis brancos, Hadriana nota a textura do chan, feito de cemento areoso, coma se o albanel se trabucara na mestura e non puxera suficiente morteiro. Recórdalle o pallote de seus avós e pensa que a avoa pronto a de chamar para merendar e que se preocupará ao non vela. Nin tan sequera lle dixo que ia xogar con Ur antes de marchar. Non pensaba enlearse tanto.
Descenden varios tramos, as escaleiras parecen non ter fin, e no fondo hai unha habitación sen portas. Está chea de aparellos electrónicos que pronto chaman a súa atención. Parecen ordenadores, pero non como o que ten o tío Xenaro no seu cuarto. Estes son grandes e están cheos de luciñas que pestanexan.
— Ti que crees que é este lugar?—pregunta Ur, mentres Hadri mira asombrada o seu redor.
— Non o sei. Recórdame as máquinas da estación depuradora a que nos levaron de excursión. Pero esas non teñen tantas luces. Ou o planetario, pero o planetario está no alto e non dentro da terra.

Estaban entretidas mirando todo. Ur incluso comezara a fedellar nunha das maquinas, cando sentiron un ruído coma de pasos achegándose, baixando os escalos. Pasos fortes e rápidos, de alguén grande.
—Rápido, escóndete— berrou Hadri.
—Ven, corre. Por aquí hai outra saída.
Hadriana botou a correr, pero torceu o pé e caeu o chan. Ergueuse de presa, coxeando e tratou de avanzar, pero o home xa a agarrara do brazo e non podía escapar. Viu como Ur corría presa do pánico. E cando se volveu e mirou a cara do seu raptor deuse conta de que non era un home.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.